miércoles, 19 de enero de 2011

un poema de Bernardiño Graña

Este é un poema de un poeta chamado Bernardiño Graña:
O  GATO DA TASCA MARIÑEIRA
Aquí non hai silencio
porque hai homes
falan os homes falan.
Aquí non pasa
o vento esa fantasma
os homes falan falan
e fórmase outro vento
outro rebumbio
unha fantasma
feita deste fume
este fumar
sen tino estas palabras
e pasa un suave gato
que é da casa.
Beben viño coñac
berran discuten
contan chistes mascan
un pouco de xamón
tal vez chourizo.
O gato ulisca
cheira mira agarda
vai á cociña
ven ao mostrador quixera
un anaquiño
de boa carne un chisco
de tenrura
algún queixo unha migalla.
Aquí non hai vagadas
nin roncallos
non se ven os cabezos
nin as praias
o taberneiro bole
saúda cobra serve fala
cambea mil pesetas
chama á muller a berros
e contesta ao teléfono
ás chamadas
e os homes berran
moito cheos de ira
e rin e danse a man
e nada pasa.
O gato calandiño
ergue as orellas
ten maino
tan suavísimo sen gana
cruza por entre as pernas
entre as botas
altas botas de caucho
contra as augas co seu rabo
arrequichado e duro
e tan el calma
e aquí non hai silencio
que hai vinte homes
e están ben lonxe
os mares que arrebatan.
Se acaso o gato
mira os ollos do home
guicha en suspenso
escoita en paz agacha
unha orelliña
aguda e indiferente
lambe teimudo
e calmo unha das patas
e se acaso durmiña
e abre un ollo
e ve que os homes
beben fuman discuten moito
non se cansan
de ensaladilla
callos mexilóns anchoas
e viño e viño e viño tinto e branco
en tantas tazas
e esgarran cospen entran saen
empuxan brindan cantan
e a radio está acendida
e óese música
e o gato pasa indemne
comprendendo tan costume
son os homes
no se espanta.

miércoles, 12 de enero de 2011

recomendaciones

os deseo un feliz 2011 a todos y de paso os voy a recomendar un blog mio y de mi amiga Ana:
nuestras cosaspreferidas.blogspot.com