Polo escuro do mar que vos contruba
aínda hay peixes de lus nos seus abrigos,
mariñeiros de Cangas, meus amigos,
meus irmáns de salitre e sol e chuva.
Solte a ría un exército de naves,
mariñeiros de Cangas, traede as liñas,
que, anunciando o fumazo das sardiñas
polos cons e cabezos cantan aves.
Polas ondes e muros sen diques,
polo lombo do Atlántico azulado,
brinca e bufa o arrúas todo apurado,
perseguindo os bonitos e os alcriques.
Máis alá de Sobrido ti me guíes,
mariñeiro de Cangas, ti me leves,
pra ver os espumallos i os percebos,
e mirar dende a popa as illas Cíes.
Máis alá de Cabalo e de Cabo de Home
da negra e deses baixos de Biduído,
mariñeiro de Cangas vas perdido
e o mar é un gran misterio que te come.
Coma horribles fantasmas aparecen
dende o fondo, xurdindo, nos sorrios,
estranas ardentias de navios
e tristes afogados amolecen.
Pero rompe, que podes contra o medo,
dálle avante con forza, anque che doa,
contra ás noites e neboas, pon a proa,
mariñeiro de Cangas, e ven cedo.
Ven loguiño a vender o peixe a Vigo
e trae unha canción do son dos mares
pra beber e cantar xuntos nos bares
mariñeiro de Cangas, meu amigo.
Este é un poema de Bernardino Graña, o poeta do mar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario